TU EXISTE

TU EXISTE

Editorial:
LA UÑA ROTA
Año de edición:
ISBN:
978-84-18782-39-8
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 1 semana

«Falar é cousa linda. Hai faladeiros, faladoiros, falaropos, falaropo bico ghroso, bico fino, tricolor, etc. Hai falar polas orellas, polos cóbados, mal ou ben, a modo, ao xeitiño, hai falarlle a un mozo, deixar de falarlle a un mozo sen ningunha explicación, non se falar, ser falangueiro, falar falacias. Falansterios. Sempre hai algho que non se fixo ben, iso é así. Tamén podería haber falansterios. A xente ás veces pártese en dous e ás veces en dúas. Case ninguén é soamente un ou unha. Algho diso pasa cando dis aquí e despois dis eiquí e nIn te das de conta porque levas xa uns días en Vilar e váiseche peghando a musiquiña. A xente ás veces escoita unha músiquiña bonita de bailar e ás veces escoita quimeras ou aínda peor: falacias. Pero iso si, cantas máis linguas unha fala, máis xente lle cabe no falansterio da súa cabeza, que é algho que non ten todo o mundo. O mastín de Benito parecía tratable, falaba claro. Funme abeirando pouco e pouco e o can lambeume os pés».
Luz Pichel

Tu existe é un lugar de encontro, que se orixina dentro un proxecto chamado O espello da memoria no trazo da palabra, entre a poeta Luz Pichel e a ilustradora María Puertas e os veciños de Vilar de Bande na comarca da Baixa Limia. Poemas e debuxos buscan penetrarse na memoria a partir dun diálogo aberto que nos conecta coa tradición oral e o saber popular.

Otros libros del autor

  • ALÉN ALÉN
    Titulo del libro
    ALÉN ALÉN
    PICHEL, LUZ
    Después de CO CO CO U, presentamos uno de los libros de poesía más esperados por la crítica y lectores: ALÉN ALÉN de...
    Disponible en 1 semana

    15,00 €